Ano |
Mes |
Día |
Lugar |
Evento |
1948 |
8 |
8 |
Lugo |
Celébrase
a primeira reunión para a creación de Cántigas e Frores. A iniciativa
e mailos contactos están promovidos por D. Francisco Rivera
Manso |
1948 |
9 |
4 |
Lugo |
Reorganizase
unha coral con persoas pertencentes ás dúas existentes
en Lugo: Cántigas e Aturuxos e Frores e Silveiras. Director:
D. José García Rodríguez |
1948 |
9 |
6 |
Lugo |
A
nova coral pasa a denominarse Cántigas e Frores |
1948 |
9 |
|
Vigo |
2º premio no concurso
rexional de coros galegos |
1950 |
8 |
20 |
Vigo |
1º premio no concurso
rexional de coros galegos (compartido). |
1953 |
|
|
Madrid |
Concurso Internacional.
1er premio |
1954 |
|
|
Donostia |
1º premio en danzas
e 2º en coros |
1955 |
|
|
Madrid |
1º premio en danzas |
1966 |
7 |
31 |
A Coruña |
Participación nas Bodas
de Oro de Cantigas da Terra |
1972 |
9 |
1 |
Lugo |
Comenza
a funciona-la escola infantil de baile, que se manterá permanentemente |
1974 |
|
|
Lugo |
Colaboración
para a elaboración do documental Lugo 2.000 (NO-DO) |
1974 |
|
|
Lugo |
Cambiase
de locaiss de ensaio. Dos sotos da Casa Sindical ao antigo
Hospital de Santa María |
1976 |
|
|
Lugo |
Comeza
un proxecto de coral polifónica. Diríxeo D. Manuel González
Domínguez. Inicianse os ensaios |
1978 |
|
|
Lugo |
A
Asociación abandoa os locais que viña utilizando no antigo
Hospital de Santa María e instálase en locais cedidos
na Casa da Xuventude,ao carón da Diputación Provincial. |
1979 |
5 |
|
Lugo |
Preséntase
a coral polifónica. D. Indalecio Fernández Groba, en calidade
de director, comeza os ensaios |
1980 |
|
|
Lugo |
Adquírese unha
bandeira para a asociación |
1980 |
|
|
Lugo |
Grabación
dun LP do grupo de gaitas. Radio Popular. Dial Discos |
1980 |
12 |
18 |
Lugo |
Pola
concelleira de cultura Dª Tucha Calvo, proponse a utilización
duns locais no edificio municipal de Quiroga Ballesteros |
1982 |
2 |
20 |
Lugo |
Recíbese comunicación para deixa-los
locais utilizados na Casa da Xuventude
|
1983 |
5 |
7 |
Lugo |
Homenaxe
a Juanjo Linares. Participan 18 grupos que viaxan a Lugo pagándose
os seus gastos. Madrid, Avila, Vigo, A Coruña, Ordes, Marín,
Xove, Monforte e Lugo |
1983 |
11 |
25 |
Lugo |
Xunta
Xeral Ordinaria. Acórdase integrarse nas Federacións
Provinciais de Coros e a Galega de Corais, nombrando representantes
nas mesmas ós Sres. D. Julio Méndez Menéndez de Llano,
D. Indalecio Fernández Groba e D. Alfonso Penedo Alvarez. Acórdase
integrarse na "Federación Española de Agrupaciones de Folclore" |
1985 |
|
|
Lugo |
Cantigas
e Frores cambia de locais de ensaio á Rúa Quiroga
Ballesteros, no 2º andar |
1985 |
1 |
26 |
Lugo |
Celébrase
en Santiago o I Congreso de Folclore das Comunidades e Nacionalidades
Históricas. Patrocinado pola Consellería de Cultura. Asisten
cerca de 1.000 persoas de toda España. Esta Asociación intervén
directamente na organización ao través de D. Julio Méndez
Menéndez de Llano, que é Subdirector deste Congreso |
1986 |
5 |
|
Buenos Aires |
O
Secretario Xeral, viaxa a Buenos Aires, en preparación da Semana
de Lugo, acompañando ao Alcalde de Lugo, D. Vicente Quiroga
Rodríguez |
1986 |
5 |
18 |
Murcia |
Participación
do Secretario Xeral no II Congreso de Folclore das Comunidades
e Nacionalidades Históricas |
1986 |
7 |
5 |
Teruel |
D.
Julio Méndez Menéndez de Llano, Secretario Xeral de Cantigas
e Frores, é pregoeiro da "Muestra Internacional
de Folclore" |
1988 |
2 |
16 |
Lugo |
Asínase
un Convenio co Concello de Lugo, polo que se cede o primeiro
andar das oficiñas municipais de Quiroga Ballesteros
a esta Asociación |
1989 |
|
|
Lugo |
Por
acordo da Comisión de Goberno do Concello de Lugo, os locais
que se viñan utilizando en el edificio de Quiroga Ballesteros,
compostos dun cuarto separado por portas corredeiras, redúcense
a unha terceira parte, deixando os outros dous para a Banda
Municipal de Música |
1990 |
9 |
|
Lugo |
Remodélase
na súa totalidade o grupo de baile |
1991 |
10 |
31 |
Lugo |
A Diputación Provincial
entrega a Cántigas e Frores instrumentos musicais realizados
no seu taller de gaitas. Preside a entrega o titular da Diputación,
D. Francisco Cacharro Pardo |
1993 |
5 |
13 |
Lugo |
O
Concello de Lugo denuncia o convenio subscrito o 22-01-88, e como
consecuencia da un prazo para desaloxa-los locais utilizados
ata a data |
1995 |
6 |
1 |
Brasil |
O Secretario Xeral
de Cántigas e Frores viaxa a Brasil para impartir clases
de baile tradicional nas localidades de Niteroi, Curitiba ePorto
Alegre |
1995 |
10 |
|
Lugo |
Comeza a funcionar a
Escola de Gaitas e Percusión, que se manterá permanentemente |
1996 |
|
|
Lugo |
Por
indicación do Concello, hai que desaloxa-los locais que dende
hai anos vieñense empregando no edificio municipal de
Quiroga Ballesteros |
1996 |
|
|
Lugo |
O
Concello de Lugo cede a utilización duns locais nunha nave da
antigua factoría de FRIGSA, no Parque da Milagrosa |
1997 |
|
|
Lugo |
A
Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da
Milagrosa, nomea "MILAGROSISTA DEL AÑO" a Cántigas
e Frores. Recóllese o galardón nun acto celebrado o día
12 de decembro |
1998 |
|
|
Lugo |
Realízanse
obras de exeitamento nos novos locais cedidos polo Concello
de Lugo no parque da Milagrosa, con aportacións económicas
de socios eempresas de Lugo |
1998 |
|
|
Lugo |
A
Asociación de Radio eTelevisón de Lugo nomea a Cántigas e Frores
"LUCENSE DEL AÑO" |
1998 |
|
|
Lugo |
A Asociación de Antiguos
Alumnos da Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón acorda entrega-la
Medalla da mesma a Cántigas e Frores |
2000 |
|
|
Lugo |
Creación da
Banda de Gaitas de Cántigas e Frores |
2008 |
12 |
12 |
Lugo |
Recibe o XIII Prémio
de Cultura Tradicional "María Castaña"
no apartado de Asociacións. |
2016 |
8 |
|
Lorient |
Asiste a Banda de Percusión e Gaitas da Asociación ao Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña Francesa, representando a Galicia |
2019 |
11 |
7 |
Ourense |
Recibe o "X Premio Xabier Prado Lameiro" otorgado pola Coral de Ruada de Ourense. |