ACTAS (FORMATO DIXITAL)
DA ASOCIACIÓN CULTURAL “CÁNTIGAS E FRORES”,
DE LUGO.
14/06/2007
XUNTA XERAL ORDINARIA
ACTA DA XUNTA XERAL
ORDINARIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL “CANTIGAS E FRORES”
En Lugo, sendo las 21:00 horas do día 14 de xuño de
2007, iníciase a xunta xeral ordinaria á que asisten,
en segunda convocatoria, previamente citados ó efecto, os socios
de “Cántigas e Frores”. Preside o titular da asociación,
Eduardo Risco Bóveda, quen pide desculpas polo atraso en convoca-la
Xunta. Actúa como secretaria, a da asociación, Mónica
Fernández Fernández. Asisten 10 persoas á reunión,
ademais da Xunta Directiva, escusando a súa presencia Vitor
Otero e Rafael Núñez.
Adoptaranse os acordos que procedan en relación
cos asuntos contidos na seguinte
ORDE DO DÍA:
1.- Estado de contas.
O estado actual das contas é facilitado
polo tesoureiro-contador, Enrique Rogero Magide e queda aprobado por
unanimidade dos socios presentes.
2.- Orzamento do 2007.
O orzamento para o 2007, fíxase inicialmente
nas cotas dos socios e das escolas, que ascenden, aproximadamente,
a 12.000 €. O presuposto queda aprobado por unanimidade dos socios
presentes.
3.- Actividades previstas para o 2007/2008.
Dáse conta, por parte do presidente,
dos programas de actuación para o presente ano. En principio
refírense ó funcionamento das escolas de baile tradicional,
gaitas, percusión, canto e pandeireta, zanfona, violín
e acordeón, así como ós ensaios e actuacións
da banda de gaitas, grupo de baile e cantareiras. Tamén inclúense
actuacións das escolas no Auditorio Municipal (ou locais alternativos)
e no exterior. Faranse, alomenos, unha actuación das escolas
na Festa da Primavera (datas próximas ó día do
pai e ó día da nai), e outra á fin de curso,
probablemente na Praza Maior.
Para complementar a formación dos alumnos,
e dado o bo resultado de experiencias puntuais levadas a cabo este
ano, faranse audicións e proxección de DVDs con temas
relativos á Cultura Tradicional, especialmente nas disciplinas
de música e baile tradicionais.
No Festival de Primavera invitarase a outras
asociacións a participar nel, para intentarlle dar un carácter
máis amplo ó mesmo.
Infórmase tamén que se levará
a cabo o XXVI Curso de Cultura Tradicional de Semana Santa, propoñendo
para o vindeiro ano a incorporación de clases de violín.
Tamén farase o V Festival “Intercomunitario”
de Música e Baile Tradicionais do San Froilán 2007,
tal e como se fixo o pasado ano. Intentaranse traer grupos das tres
comunidades que faltan: Valencia, Cataluña e Cantabria.
Apróbase a creación de cursos
de bordado e patronaxe para a elaboración de traxes tradicionais.
Intentarase, dependendo da demanda dos alumnos, de facelos periodicamente
durante todo o curso lectivo. Tamén intentarase facer un cursiño
único de elaboración e afinado de palletas, probablemente
con carácter estatal.
Acórdase, así mesmo, a continuación
das clases no verán, dependendo sempre da dispoñibilidade
de cada un dos profesores e dos requirimentos dos alumnos.
Trataranse tamén de facer, durante este
ano, os intercambios pendentes cos grupos que teñen asistido
ó Festival de San Froilán.
Dado que no ano 2008 cumprirase a 60º
aniversario da creación da asociación, apúntase
un conxunto de actividades conmemorativas a desenvolver, entre as
que se destacan:
- Organización dun festival conmemorativo
con participación de distintos grupos galegos.
- Organización dun acto oficial conmemorativo, coa presencia
das autoridades locais, no marco dunha exposición retrospectiva
da asociación.
- Edición dun disco ou DVD dos grupos de música e baile
da asociación.
- Poñerse en contacto cos realizadores do programa da TVG “Alalá”
para intentar que fagan un monográfico da asociación.
- Edición dun libro conmemorativo coa historia da asociación.
- Edición dun tríptico da asociación.
- Organización dun ciclo de conferencias relacionadas coa cultura
tradicional.
- Apúntase a posibilidade de facer unha actuación coral,
xa que este tipo de formación foi a que deu orixe á
asociación.
4.- Gratificacións e financiación
para o profesorado e directores de música, baile e canto.
Acórdase incrementar ós profesores
as gratificacións en 3€ á hora, dado o extremo
desfase que teñen con respecto a outras asociacións
similares. Este desfase vaise acumulado dende hai anos. Tamén
se acorda gratificar a responsabilidade dos directores de música,
baile e canto.
Para afrontar estes gastos a maiores, incrementaranse
o número de actuacións da Banda de Gaitas e do Grupo
de Baile. Así mesmo, falarase cos organismos oficiais, en especial
co Concello de Lugo e coa nova Deputación Provincial, para
intentar aumentar o número de actuacións dos cuartetos,
e das actividades da asociación en xeral. Tamén haberá
que facer un pequeno incremento na cota dos socios colaboradores e
das clases.
5.- Dispoñibilidade dos profesores para
o ano vindeiro
Informan Mónica Fernández e Talía
López da posible incompatibilidade das clases na asociación
cos seus traballos. Búscase que se manteñan as mesmas
persoas por medio de cambios nos horarios das clases e con reforzos
por parte doutros profesores. De tódolos xeitos, disporase
de persoal para unha posible substitución.
Tamén haberá que comezar inmediatamente
a buscar profesor para impartir as clases de acordeón.
7.- Tarifas dos cursos
Acordase subir 2€ ó mes o prezo das clases, así
como 0.5€ ó trimestre a cota de socio colaborador. Dado
este incremento de prezos, acórdase subir tamén os descontos
familiares e por asistencia a varias disciplinas ata acadar os 3·€
mensuais.
Plantéxase a posibilidade de fixar os
prezos únicos por clase, independentemente de que os alumnos
non podan asistir todas as horas lectivas. Acórdase cobrar
o 75% da cota das clases ós alumnos que so podan vir á
metade das mesmas. Apúntase tamén a posibilidade de
cobrar os trimestres por adiantado, tal e como se ven facendo noutras
asociacións similares, quedando pendente o estudio desta opción
e deixando á Xunta Directiva a posibilidade de aprobala, aínda
que non se aplicaría ata o curso escolar 2008/2009.
8.- Relación coas institucións
culturais e iniciativas destas.
Como xa se ten acordado, farase unha presentación
da Asociación á nova Deputación Provincial, solicitando
a súa colaboración no desenvolvemento das actividades.
Tamén se intentará aumentar a relación co Concello
de Lugo, Dirección Xeral de Creación e Difusión
Cultural e coa Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo.
Por outra parte, e co gallo do 60º aniversario,
retomarase a liña de colaboración co Circulo das Artes
e con outras asociacións culturais. Apúntase o nome
de “Volta do Agro”.
9.- Rogos e preguntas
O Tesoureiro Contador, Xosé Enrique
Rogero Magide, solicita que non se admitan pagos en man, debido á
dificultade de reclamar os impagos, polo que se pensa adoitar a modalidade
única do pago domiciliado ou, no caso de non ter conta corrente,
do pago por adiantado.
Plántella igualmente a necesidade de
ter por escrito as solicitudes de baixa da asociación, polo
que se decide solicitar un escrito ós socios cando manifesten
que desexan darse de baixa, admitindo tamén cartas por correo
postal ou por correo electrónico.
E non sendo outro o obxecto da reunión,
dáse por rematada, sendo as vinte horas e cincuenta minutos
do día antes indicado.
Lugo, 14 de xuño de 2007
O Presidente,
Asdo.: Eduardo Risco Bóveda
A Secretaria,
Asdo.: Mónica Fernández Fernández
21/06/2006 Xunta Xeral
Ordinaria
ACTA DA XUNTA ORDINARIA DA ASOCIACIÓN
CULTURAL “CANTIGAS E FRORES”
En Lugo, sendo las 20:50 horas do día 21 de xuño de
2005, iníciase a xunta xeral ordinaria á que asisten,
en segunda convocatoria, previamente citados ó efecto, os socios
de “Cántigas e Frores”. Preside o titular da asociación,
Eduardo Risco Bóveda, quen pide desculpas polo retraso en convoca-la
Xunta. Actúa como secretaria, a da asociación, Mónica
Fernández Fernández. Asisten 9 persoas á reunión,
ademais da Xunta Directiva, escusando a súa presencia Vitor
Otero, María Méndez, Xesús Pena e Bruno Villamor.
Adoptaranse os acordos que procedan en relación
cos asuntos contidos na seguinte
ORDE DO DÍA:
1.- Estado de contas.
O estado actual das contas é facilitado
polo tesoureiro-contador, Enrique Rogero Magide e queda aprobado por
unanimidade dos socios presentes.
2.- Orzamento do 2005.
O orzamento para o 2005, fíxase inicialmente
nas cotas dos socios e das escolas, que ascenden, aproximadamente,
a 10.000 €. O presuposto queda aprobado por unanimidade dos socios
presentes.
3.- Actividades desenroladas no 2005/2006 e
previstas para o 2006/2007.
Dáse conta, por parte do presidente,
dos programas de actuación para o presente ano. En principio
refírense ó funcionamento das escolas de baile tradicional,
gaitas, percusión, canto e pandeireta, zanfona e acordeón,
así como ós ensaios e actuacións da banda de
gaitas, grupo de baile e cantareiras. Tamén inclúen
actuacións das escolas no Auditorio Municipal (ou locais alternativos)
para as datas próximas ó día do pai e o día
da nai, así como unha actuación fin de curso, probablemente,
na Praza Maior.
Infórmase tamén que se levará
a cabo o XXV Curso de Cultura Tradicional de Semana Santa e se fará
o IV Festival “Intercomunitario” de Música e Baile
Tradicionais do San Froilán 2006, como se fixo o ano pasado.
Apuntouse a posibilidade de trocar o “Intercomunitario”
por “Internacional” ó ter aprobación por
parte da Concelleira de Cultura para traer algún grupo de Portugal.
Coméntase que é mellor dilatar
máis no tempo os festivais infantís. Acórdase
face-lo do día do Pai no Centro Social de Fingoi e un máis
en xuño, de fin de curso, nalgunha praza ou parque.
4.- Renovación parcial da Xunta Directiva.
Trala dimisión (verbal) de Xesús
Pena Regueiro como terceiro vocal, tómase o acordo, por unanimidade,
de que sexa substituído por Alberto Castro Freire.
Tamén, a instancia do Presidente, noméase
Asesor da Xunta Directiva a D. Xavier Otero Lobeiras, con voz e sen
voto, tal e como reflicten os estatutos da Asociación.
5.- Rogos e preguntas.
O Tesoureiro Contador, Xosé Enrique
Rogero Magide, solicita que non se admitan cobros parciais nos trimestres,
aínda que algún alumno das escolas non poda asistir
o trimestre completo. Aprobase a solicitude.
Tamén solicita que non se admitan pagos
en man, debido a dificultade de andar reclamando os impagos, polo
que se acorda obrigar ó pago domiciliado ou, no caso de non
ter conta corrente, do pago por adiantado.
María Alonso transmite a solicitude
de xente allea á Asociación que desexa recibir clases
os sábados. Manifesta a súa dispoñibilidade a
impartilas e se admite, sempre que os gastos se cubran coas cotas
do curso.
Alberto Castro Freire transmite o desexo de
seguir con clases durante o verán. Acordase facelo sempre que
haxa dispoñibilidade de profesores e o número de alumnos
o permita.
E non sendo outro o obxecto da reunión, dáse por rematada,
sendo as vinteúnha horas e vintecinco minutos do día
antes indicado.
Lugo, 21 de xuño de 2006
O Presidente,
Asdo.: Eduardo Risco Bóveda
A Secretaria,
Asdo.: Mónica Fernández Fernández
31/08/2005 Xunta Xeral
Ordinaria
ACTA DA XUNTA ORDINARIA DA ASOCIACIÓN
CULTURAL “CANTIGAS E FRORES”
En Lugo, sendo las 19:00 horas do día 31 de agosto de 2005,
iníciase a xunta xeral ordinaria á que asisten, en segunda
convocatoria, previamente citados ó efecto, os socios de “Cántigas
e Frores”. Preside o titular da asociación, Eduardo Risco
Bóveda, quen pide disculpas polo retraso en convoca-la Xunta.
Actúa como secretaria, a da asociación, Mónica
Fernández Fernández. Asiste 1 persoa á reunión
(Yolanda Fernández), ademáis da Xunta Directiva, escusando
a súa presencia Vitor Otero, María Alonso, Xesús
Pena e Rafael Núñez.
Adoptaranse os acordos que procedan en relación
cos asuntos contidos na seguinte
ORDE DO DÍA:
1.- Estado de contas.
O estado actual das contas é facilitado
polo tesoureiro-contador, Enrique Rogero Magide e queda aprobado por
unanimidade dos socios presentes.
2.- Orzamento do 2005.
O orzamento para o 2005, fíxase inicialmente
nas cotas dos socios e das escolas, que ascenden, aproximadamente,
a 10.000 €. O presuposto queda aprobado por unanimidade dos socios
presentes.
3.- Actividades desenrroladas no 2004/2005
e previstas para o 2005/2006.
Como accións derivadas da derradeira
Xunta Xeral, leváronse a cabo os seguintes acordos:
- Compráronse de 5000 unidades de papel
autosobre.
- Elaborouse un estandarte para a agrupación co novo logotipo.
- Fíxose unha páxina web da asociación.
- Organizóuse a cea-homenaxe a Julio Mendez, Merche e Pablo
Dablanca.
- Queda pendente a elaboración do tríptico
da asociación
Dáse conta tamén, por parte do
presidente, dos programas de actuación para o presente ano.
En principio refírense ó funcionamento das escolas de
baile tradicional, gaitas, percusión, canto e pandeireta, zanfona
e acordeón, así como ós ensaios e actuacións
da banda de gaitas, grupo de baile e cantareiras. Tamén inclúen
actuacións das escolas no Auditorio Municipal (ou locais alternativos)
para as datas próximas ó día do pai e o día
da nai, así como unha actuación fin de curso probablemente
na Praza Maior.
Infórmase tamén que se levará
a cabo o XXIV Curso de Cultura Tradicional de Semana Santa e se fará
o III Festival “Intercomunitario” de Música e Baile
Tradicionais do San Froilán 2005, como se fixo o ano pasado.
O director artístico, Bruno Villamor,
comenta que é mellor dilatar máis no tempo os festivais
infantís. Acórdase face-lo do día do Pai no Centro
Social de Fingoi e máis un en xuño, de fin de curso,
nalgunha praza ou parque.
4.- Rogos e preguntas.
Begoña Castro solicita que as clases
de canto e pandeireta non coincidan cos ensaios do grupo de baile.
E non sendo outro o obxecto da reunión, dáse por rematada,
sendo as vinte horas e quince minutos do día antes indicado.
Lugo, 31 de agosto de 2005
O Presidente,
Asdo.: Eduardo Risco Bóveda
A Secretaria,
Asdo.: Mónica Fernández Fernández
31/08/2005 Xunta Directiva
En Lugo, sendo as 20 horas, 30 minutos do día
31 de agosto de 2005, se inicia a reunión da xunta directiva
da Asociación Cultural “Cántigas e Frores”,
á que asisten, previa convocatoria, os membros da mesma para
adoptar os acordos que se decida sobre os seguintes temas, incluídos
na orde do día:
1.- Novas cotas da asociación.
2.- Dietas dos profesores.
3.- Intercambios previstos para o 2006 (solicitados e pendentes).
4.- Obras nos locais.
5.- III Festival San Froilán.
6.- Rogos e preguntas.
Preside o representante da asociación,
Eduardo Risco Bóveda. Actúa como secretaria, a da asociación,
Mónica Fernández Fernández.
Por unanimidade, decídese:
1.- Subir a cota de socio a 17 € ó
ano (4,25€ ó trimestre)
- Subir a cota do curso de baile tradicional a 40 € ó
trimestre.
- Subir a cota do curso de percusión a 40 € ó trimestre.
- Mante-la cota do curso de gaita en 45 € ó trimestre
Como se ven facendo sempre, ás cotas dos cursos descontaráselles
a cota de socio.
2.- Mante-las dietas dos profesores iguais ás do curso anterior.
3.- Para o vindeiro ano está pendente o intercambio con Huesca
e acordase facer chamadas polo menos a dúas das asociacións
coas que temos pendentes intercambios polo Festival de San Froilán.
4.- Infórmase que o Concello vai realizar obras no tellado
e acondicionamento dos locais. Decídese que no caso de que
realicen ou non obras de tapiado de portas de acceso ós locais,
deberíase solicita-la construcción dun aula máis.
E non sendo outro o obxecto da reunión,
dase por finalizada, sendo as vinteunha horas, dez minutos do día
arriba indicado.
Lugo, 1 de setembro de 2005
O Presidente,
Asdo.: Eduardo Risco Bóveda
A Secretaria,
Asdo.: Mónica Fernández Fernández
04/03/2004 Xunta Directiva
En Lugo, sendo as 18 horas do día 4
de marzo de 2004, se inicia a reunión da xunta directiva da
Asociación Cultural “Cántigas e Frores”,
á que asisten, previa convocatoria, os membros da mesma para
adoptar o único acordo, se procede, de solicitar unha conta
de crédito para facer fronte ós pagos derivados das
acividades realizadas pola asociación durante o presente ano.
Preside o representante da asociación,
Eduardo Risco Bóveda. Actúa como secretaria, a da asociación,
Mónica Fernández Fernández.
Por unanimidade, decídese solicitar
á entidade Caixa Galicia, unha conta de crédito por
un periodo de seis meses, e por importe de SEIS MIL EUROS (6.000€).
Os trámites necesarios para esta operación serán
realizados polo presidente desta Asociación, Eduardo Risco
Bóveda, ou polo tesoreiro-contador da mesma, Enrique Rogero
Magide.
E non sendo outro o obxecto da reunión,
dase por finalizada, sendo as dezaoito horas, quince minutos do día
arriba indicado.
Lugo, 4 de marzo de 2004
O Presidente,
Asdo.: Eduardo Risco Bóveda
08/02/2004 Xunta Xeral
Ordinaria
ACTA DA XUNTA ORDINARIA DA ASOCIACIÓN
CULTURAL “CANTIGAS E FRORES”
En Lugo, sendo las 21:40 horas do día 8 de febreiro de 2004,
iníciase a xunta xeral ordinaria á que asisten, en segunda
convocatoria, previamente citados ó efecto, os socios de “Cántigas
e Frores”. Preside o titular da asociación, Eduardo Risco
Bóveda. Actúa como secretaria, a da asociación,
Mónica Fernández Fernández. Asisten 20 persoas
á reunión, agás da Xunta Directiva, escusando
a súa presencia Begoña Castro Campo, Xesús Pena
Regueiro e Rafael Núñez Núñez.
Adoptaranse os acordos que procedan en relación
cos asuntos contidos na seguinte
ORDE DO DÍA:
1.- Programas de actuación para o presente
ano.
En primeiro lugar dáse conta, por parte
do presidente, dos programas de actuación para o presente ano.
En principio refírense ó funcionamento das escolas de
baile tradicional, gaitas e percusión, así como ós
ensaios e actuacións da banda de gaitas. Tamén inclúen
actuacións das escolas no Auditorio Municipal para as datas
próximas ó día do pai e o día da nai,
así como unha actuación fin de curso probablemente na
Praza Maior.
Infórmase tamén que se levará
a cabo o XXII Curso de Cultura Tradicional de Semana Santa e se tratará
de facer un festival “intercomunitario” no San Froilán,
como o do ano pasado.
O director artístico, Bruno Villamor
informa da creación dun grupo de baile de maiores.
2.- Estado de contas.
O estado actual das contas é facilitado
polo tesoureiro-contador, Enrique Rogero Magide e queda aprobado por
unanimidade.
3.- Presupostos 2003.
O presupostos para o 2004, fíxanse inicialmente
nas cotas dos socios e das escolas, que ascenden, aproximadamente,
a 10.000 €. O presuposto queda aprobado por unanimidade dos socios
presentes.
4.- Rogos e preguntas.
Fora da orde do día, unha representación
de pais de alumnos da escola de baile infantil manifesta a súa
desconformidade coas poucas actuacións levadas a cabo o ano
pasado. Acórdase que coas tres actuacións das escolas
previstas para este ano é suficiente. A xunta directiva manifesta
a importancia de que exista un grupo de baile de maiores ó
que aspiren a formar parte os alumnos das escolas infantís.
Tra-la solicitude do director artístico
Bruno Villamor, decídese facer un escrito á Tesourería
da Deputación Provincial informando da débeda existente
do Concello de Begonte. Do mesmo xeito reclamarase por escrito dita
débeda ó Concello de Begonte.
Acórdase a compra de 5000 unidades de
papel autosobre.
Acórdase a elaboración dun estandarte
para a agrupación co novo logotipo.
Do mesmo xeito coméntanse posibles traballos
a levar a cabo durante este ano, entre os que se inclúen: catalogación
dos libros do local, pedir libros á Xunta e á Fundación
Barrié de la Maza, facer a páxina web da asociación
e editar un novo tríptico, realizar obras de tapiado de portas
e reparación do tellado a cargo do Concello de Lugo, organizar
cea-homenaxe para Julio Méndez e Pablo Dablanca.
E non sendo outro o obxecto da reunión,
dáse por rematada, sendo as vintedúas horas e quince
minutos do día antes indicado.
Lugo, 8 de febreiro de 2004
O Presidente,
Asdo.: Eduardo Risco Bóveda
A Secretaria,
Asdo.: Mónica Fernández Fernández
14/04/2003 Xunta Directiva
En Lugo, sendo as 18 horas do día 14
de abril de 2003, se inicia a reunión da xunta directiva da
Asociación Cultural “Cántigas e Frores”,
á que asisten, previa convocatoria, os membros da mesma para
adoptar o único acordo, se procede, de solicitar unha conta
de crédito para facer fronte ós pagos derivados das
acividades realizadas pola asociación durante o presente ano.
Preside o representante da asociación,
Eduardo Risco Bóveda. Actúa como secretaria, a da asociación,
Mónica Fernández Fernández.
Por unanimidade, decídese solicitar
á entidade Caixa Galicia, unha conta de crédito por
un periodo de seis meses, e por importe de SEIS MIL EUROS (6.000€).
Os trámites necesarios para esta operación serán
realizados polo presidente desta Asociación, Eduardo Risco
Bóveda, ou polo tesoreiro-contador da mesma, Enrique Rogero
Magide.
Y no siendo otro el objeto de la reunión,
se da por finalizada, siendo dieciocho horas, quince minutos del día
arriba indicado.
Lugo, 14 de abril de 2003
O Presidente,
Asdo.: Eduardo Risco Bóveda
A Secretaria,
Asdo.: Mónica Fernández Fernández
24/02/2003 Xunta Xeral
Ordinaria
En Lugo, siendo las 20 horas del día
24 de febrero de 2003, se inicia la junta general ordinaria a la que
asisten, en segunda convocatoria, previamente citados al efecto, los
socios de “Cántigas e Frores” para adoptar los
acuerdos que procedan en relación con los asuntos contenidos
en el orden del día siguiente:
1º. Programas de actuación para
el presente año
2º. Estado de cuentas
3º. Presupuestos 2003.
4º. Ruegos y preguntas
Preside el titular de la asociación,
Julio Méndez Menéndez de Llano. Actúa como secretaria,
la de la asociación, Emma Vila Redondo.
En primer lugar se da cuenta por parte del
presidente, que los programas de actuación para el presente
año, aunque en principio se ciñan al funcionamiento
de las escuelas de baile tradicional y de gaitas, así como
a los ensayos y actuaciones de la banda de gaitas, se dejan en manos
de una nueva junta directiva que tomará posesión en
la asamblea general extraordinaria que se celebrará a continuación
de la presente.
El estado de cuentas actual es facilitado por
el tesorero-contador, Pablo Dablanca Viña y su resultado es
el siguiente:
A 21 de febrero:
Caixanova, 74,74 €
Caixa Galicia, 23,90 €
Caixa Galicia, 4.396,75 €
Caixa Galicia, 487,14 €.
Hay que destacar que hay diversas actuaciones
de la banda de gaitas y del grupo de gaitas, pendientes de cobro.
Los presupuestos para el 2003, se fijan inicialmente
en las cuotas de socios y de las escuelas, que ascienden, aproximadamente,
a 9.500 €, aproximadamente.
Por otra parte, la nueva junta directiva buscará
nuevas fuentes de financiación.
En el apartado de ruegos y preguntas no se
produce intervención alguna.
Y no siendo otro el objeto de la reunión,
se da por finalizada, siendo las veinte horas y treinta minutos del
día arriba indicado.
Lugo, 24 de febrero de 2003
El Presidente,
Fdo.: Julio Méndez Menéndez
de Llano
La Secretaria,
F do.: Emma Vila Redondo
24/02/2003 Xunta Xeral
Extraordinaria
En Lugo, siendo las 20 horas y 30 minutos del
día 24 de febrero de 2003, se inicia la junta general extraordinaria
a la que asisten, en segunda convocatoria, previamente citados al
efecto, los socios de “Cántigas e Frores” para
adoptar los acuerdos que procedan en relación con los asuntos
contenidos en el orden del día siguiente:
1º. Modificación de estatutos para
adaptarlos a la Ley Orgánica 1/2002, de 22 de marzo.
2º. Elección de miembros de la junta directiva.
Los puestos a cubrir son los siguientes: Presidente/a,
Secretario/a general, Director/a artístico/a, Encargado/a de
patrimonio, Tesorero/a-contador/a, Secretario/a administrativo/a y
hasta cinco Vocales.
Preside el titular de la asociación,
Julio Méndez Menéndez de Llano. Actúa como secretaria,
la de la asociación, Emma Vila Redondo.
Interviene en primer lugar el presidente para
dar cuenta de que el proyecto de estatutos que se trae para aprobación
se ajusta exactamente al modelo recomendado por la Ley Orgánica
1/2002, con las necesarias adaptaciones para esta asociación;
que la propia ley indicada señala un plazo de dos años
para que todas las asociaciones adecuen sus estatutos.
Seguidamente se da lectura al proyecto de estatutos:
Posteriormente se procede a la votación y por la totalidad
de los 32 votos de los socios asistentes, quedan aprobados.
En el segundo punto, tal como estaba previsto,
se procede a la renovación de la junta directiva. En primer
lugar, el presidente interviene para indicar que ha decidido no presentarse
nuevamente a ningún cargo de esta asociación, porque
entiende que son ya muchos años los que lleva dedicándole
a “Cántigas e Frores” y que considera llegada la
hora de dar entrada a otras personas con nuevas ideas y con nuevos
impulsos para continuar sacando adelante a esta asociación
que ya cuenta con casi 55 años de historia. Quiere agradecer
desde esta asociación a todas las instituciones y personas
que le han prestado su apoyo durante los últimos 33 años,
que son los que lleva con cargos de responsabilidad en esta asociación.
Justifica también el que se cubran otros cargos que también
hoy cesan por voluntad propia, para dar facilidades para que un nuevo
equipo directivo compacto pueda presentarse y trabajar sin trabas
ni condicionantes de una directiva anterior.
Para cubrir los puestos de la junta directiva,
se presenta una única candidatura, que es la siguiente:
Presidente: D. Eduardo Risco Bóveda
Secretario general: D. Víctor Otero Vázquez
Director artístico: D. Bruno Villamor Gay
Encargada de patrimonio: Dª María Alonso Barreiro
Tesorero-contador: D. José Enrique Rogero Magide
Secretaria: Dª Mónica Fernández Fernández
Vocales: Dª Talía López del Pozo
Dª María Méndez Rodríguez
Dª Begoña Castro Campo
D. Jesús Pena Regueiro
D. Rafael Núñez Núñez
Se procede a la votación y su resultado
es de aprobación de la candidatura, por 32 votos a favor, que
se corresponden con los socios asistentes a la asamblea.
En consecuencia, la junta directiva queda aprobada
con las personas que componen la candidatura señalada anteriormente,
que desde este momento pasan a responsabilizarse de la marcha de “Cántigas
e Frores”.
Y no siendo otro el objeto de la reunión,
se da por finalizada la misma, siendo las 21 horas y 30 minutos del
día arriba indicado.
Lugo, 24 de febrero de 2003
El Presidente,
Fdo.: Julio Méndez Menéndez
de Llano
La Secretaria,
F do.: Emma Vila Redondo