PRINCIPAIS ACTIVIDADES
As escolas de Cántigas e Frores acollen
a máis de 180 alumnos cada ano, ademais dos 120 que asisten
ó “Curso de cultura tradicional Galega” na Semana
Santa.
Estes alumnos agrúpanse nas distintas
actividades docentes nos
grupos infantís, xuvenís e de adultos (iniciación
e perfeccionamento) de gaita, percusión tradicional, baile
tradicional, acrodeón, violín, zanfona, canto e pandeireta.
Outras das actividades máis recoñecidas
e agradecidas polos socios son as actuacións dos grupos
de gaitas (normalmente en formación de cuarteto), banda de
gaitas e grupo de baile, que se desenvolven normalmente por todo o
Estado español.
Entre as actividades tamén destacan
a organización
do “Curso de cultura tradicional Galega”,
celebrado ininterrumpidamente tódolos anos en Semana Santa,
que acadou no ano 2007 a súa XXV edición. A este curso
asisten músicos e bailarines de todo o Estado e, en ocasións,
de outros países.
Outra actividade destacada é a organización
do Festival de Música e Baile Tradicionais
de San Froilán, organizado por Cántigas e Frores
con grupos de todo o Estado, durante as festas de San Froilán,
que teñen lugar no mes de Outubro. No ano 2008 acadou a VI
edición. Está patrocinado polo Excmo. Concello de Lugo.