CURSO DE CULTURA TRADICIONAL
.
A Asociación Cultural “Cantigas e Frores” ven organizando
de xeito continuado, durante os últimos 26 anos, este curso
no que se ofertan ensinanzas relacionadas coa cultura tradicional
galega. O curso, dende o seu comezo, está ubicado nas datas
da semana santa.
Durante os 26 anos ininterrumpidos de vida, o curso mantivo unha estructura
dinámica que se foi adaptando ás demandas do alumnado
asistente e ás tendencias do momento no relativo ó ensino
dos diversos aspectos relacionados coa nosa cultura tradicional.
Naceu no ano 1982 impulsado por Julio Mendez y Menendez de Llano,
quen permaneceu coma director do mesmo ata o ano 2.002. O curso iniciouse
co ánimo de unificar un método de ensino entre os mestres
de baile tradicional galego.
Ata o ano 1992 o curso estivo adicado ó seu obxectivo primixenio
e somentes se imparten, de xeito práctico, aulas de baile galego.
Estas aulas compaxinábase coa celebración de conferencias
impartidas por significativos persoeiros vencellados á cultura
tradicional galega entre os que podemos nomear a: Roxelio Groba e
Groba, Francisco Luengo, Xosé Manuel González Reboredo,
Xoaquín Lorenzo Fernández, Paco Martín, José
Ramón Mariño Ferro, Marcial Gondar Portosany, José
Tuñas Bouzón, Ramón Piñeiro Lopez, Xosé
Trapero Pardo, Dario Xohan Cabana, Francisco Calo Lourido, etc.

A partir do ano 1992, e atendendo
ó grande interese que acada nesta década o aprendizaxe
da nosa música tradicional, comenzan a impartirse aulas dos
distintos instrumentos propios da música galega. Así
chegamos á actualidade, impartindo 5 especialidades (baile
galego, gaita, percusión, canto e pandeireta, zanfona) nas
que se compaxinan os aspectos teóricos cos aspectos prácticos.
No ano 2003 o curso cambia a súa dirección que recae,
de xeito rotatorio, en membros da xunta directiva da asociación
“Cantigas e Frores”. Nestes últimos anos os esforzos
céntranse en traer a Lugo un profesorado de calidade que suscite
o interés do alumnado abarcando todos os estilos e escolas
vixentes na música e baile galegos. Polo curso pasaron mestres
de renome como: Xaquin Xesteira, Ivan Costa Blanco, Anxo Lois Pintos,
Francisco Estevez “chuco”, Oscar Fernandez Sanjurjo, Xose
Lois Romero Cagigal, Luis Prego Fernandez, Suso e Pepe Vaamonde Manteiga,
Daniel Bellón, Ugia Pedreira, Germán Díaz, Luis
Correa “O Caruncho”, entre outros.
Obxectivos do Curso
Dende “Cantigas e Frores” temos
fixados os seguintes os obxectivos:
1. Darlle continuidade no tempo a este curso, que foi un dos primeiros
de este tipo en celebrarse na península, e que se ven organizando
de xeito periódico e ininterrumpido dende o 1982.
2. Ofertar dende esta asociación a posibilidade de que as persoas
interesadas poidan recibir ensinanzas de mans dos mellores mestres
nas respectivas especialidades, sempre baixo criterios de calidade.
3. Crear un tempo e un lugar de encontro para que as persoas vencelladas
á cultura tradicional galega podan compartir experiencias e
así manter vivo un dos piares básicos da nosa identidade
e do noso feito diferencial.
4. Manter esta actividade na cidade de Lugo, que sempre foi referente
na música tradicional galega.
Especialidades
As
especialidades do curso son as seguintes:
1. Técnicas de gaita
2. Técnicas de canto e pandeireta
3. Técnicas de percusión tradicional
4. Técnicas de baile tradicional
5. Técnicas de zanfona
Patrocinio
Nos últimos anos foi patrocinado pola
"Dirección Xeral de Creación e Difusión
Cultural" da "Consellería de Cultura e Deporte"
da Xunta de Galicia; colaborando tamén a Sociedade Anónima
do Xacobeo, a Deputación Provincial de Lugo e o Excmo. Concello
de Lugo coa cesión do Auditorio Municipal e os locais anexos
da Piscina Municipal, onde de levan a cabo as clases. Tamén
colabora connosco a Asociación de Gaiteiros Galegos.
Alumnado

A maior parte dos participantes
son músicos en activo ou alumnos/as de diferentes escolas de
música tradicional. Tamén asisten a estes cursos mestres
que imparten aulas en escolas de música tradicional, en asociacións
culturais, centros galegos ou no ensino reglado.
Acude alumnado de toda a xeografía galega, de centros galegos
de todo o mundo. Músicos tradicionais de culturas afíns
á galega (Portugal, Escocia. etc).
XXV ANIVERSARIO
No ano 2.007, e coa intención de celebrar
os 25 anos, ademáis das aulas propias do curso, Cantigas e
Frores fixo un esforzo extraordinario para programar actividades que
se servisen para conmemorar este aniversario.

Todos/as os/as participantes recibiron, á
súa chegada, o material e a documentación precisa para
cada unha das especialidades nas que estaban inscritos previamente.
A presentación do curso realizouse en dous actos, cunha rolda
de prensa previa ó inicio do curso á que acudiron os
medios de comunicación locais e de ámbito galego. No
acto de presentación a coordinadora do curso fixo un breve
resumo dos 25 anos de andaina do curso, agradeceu o traballo realizado
polas persoas que colaboraron co curso, ó longo de estes anos,
e ás institucións que prestaron apoio ó desenvolvemento
do mesmo.
Instaláronse na entrada do Auditorio
Gustavo Freire un total de 12 paneis cunha colección de fotografías
dos 25 anos do curso. Solicitouse a todo o profesorado, que participou
nas distintas edicións do curso, a redacción dun texto
coas súas impresións sobre o mesmo, estes textos tamén
foron incluídos nesta exposición. Esta exposición
permaneceu aberta ó público durante a celebración
do curso.
Na clausura do curso e entrega de diplomas,
os alumnos/as de cada especialidade fixeron unha pequena exhibición
dos coñecementos adquiridos durante o curso. De seguido procedeuse
á entrega de diplomas e á clausura do curso. Neste actos
estivo presente o Delegado Provincial da Consellería de Cultura
da Xunta de Galicia.
Tras
o acto de clausura, o músico e etnógrafo Pablo Carpintero
Arias, ofreceu un concerto didáctico sobre a evolución,
morfoloxía e tipoloxía das gaitas no noroeste peninsular.
Profesores
Entre o profesorado
atópanse nomes dos máis destacados dentro da música
e o baile galegos. Nas derradeiras edicións participaron coma
mestres:
No ano 2003
IVÁN COSTA BLANCO
(Técnicas de gaita) - Mestre de gaita no CEIP de Carballedo
(Cotobade), director de varios grupos na provincia de Pontevedra e
gañador de numerosos premios de gaitas.
OLGA KIRK MARTÍNEZ
(Técnicas de canto e pandeireta) - Dra. Pandeireteiras de “Cantigas
e Agarimos” (Santiago). Directora de “Donaire” da
Coruña.
FRANCISCO ESTEVEZ "Chuco"
(Técnicas de percusión tradicional) - Expercusionista
de "Chouteira" e profesor no "Conservatorio de Música
Tradicional e Folque de Lalín”.
PABLO DÍAZ CARRO
(Técnicas de baile tradicional) - Excompoñente de "Xacarandaina",
compoñente de "Route" e profesor de baile de “Donaire”
da Coruña.
OSCAR FERNÁNDEZ
SANJURJO (Técnicas de zanfona) - Membro de "Os
Cempés", profesor de zanfona no "Conservatorio de
Música Tradicional e Folque de Lalín” e profesor
de zanfona na Escola Municipal de Música da Coruña.
No ano 2004
PEPE
VAAMONDE MANTEIGA (Técnicas de gaita) - Leva máis
de vinte anos como mestre gaiteiro. Gañóu importantes
premios "I Certame Pelegrín", "Soutelo de Montes",
e en tres ocasións "Constantino Bellón". Ten
editados os discos "Danza Prima", "Aviouga".
Mª DEL CARMEN GIADÁNS
DOPAZO (Técnicas de canto e pandeireta) - Pertence
ó grupo "Brincadeira" dende o ano 1997. Da clases
de pandeireta e canto en varias agrupacións de Santiago de
Compostela e impartiu cursos en varios Centros Galegos.
ANDRÉS VILÁN
(Técnicas de percusión tradicional) - Está adicado
dende hai máis de 15 anos ó estudio da percusión
tradicional galega. Imparte clases en diversas escolas de música
tradicional e asociacións culturais. Ten participado en numerosos
traballos discográficos.
LUÍS PREGO FERNÁNDEZ
(Técnicas de baile tradicional) - Director do Grupo de Baile
e Música Tradicional “Brincadeira”. Fundador e
director de “O Fiadeiro”.
ANXO
LOIS PINTOS (Técnicas de zanfona) - É basicamente
gaiteiro e zanfonista, ainda que tamén participa do uso do
violín, do saxofón, do piano, da frauta de pico, da
percusión tradicional… Na actualidade divide a súa
actividade entre Berrogüetto e o labor de mestre de Zanfona no
Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios
de Vigo.
No ano 2005
DANIEL BELLÓN
GARCÍA (Técnicas de gaita) - Profesor na “Escola
de Gaita Tradicional” da Sociedade Cultural Medulio (Ferrol).
Membro de grupos como a Banda de Gaitas 'Airiños de Fene',
‘Roquementroque’, ‘Xaloucos’ ou ‘Luvas
Verdes’, cos que ten realizado importantes actuacións
en España, Portugal e Francia.
Acadou moitos trofeos, algúns en repetidas
ocasións, coas mencionadas formacións e en solitario.
Foi nomeado “Gaiteiro Maior de Fene”, e ten participado
en varias gravacións así como nalgunhas publicacións.
UGÍA PEDREIRA (Técnicas
de canto e pandeireta) - Directora do Conservatorio de Música
Tradicional e Folque de Lalín.
É Cantante e Psicóloga. Fundadora
do proxecto MARFUL. Coñecida na música tradicional polos
tres discos editados co grupo Chouteira e pola súas constantes
colaboracións en distintos estilos musicais (O Musical Dillei,
Nación Reixa, Banda Basotti, Eliseo Parra, o espectáculo
Son delas, Susana Seivane, Cempés, a música para a exposición
Narracións de Caxigueiro, o espacio sonoro do Canto Do Dime-dime
de Factoria Teatro,etc.). No ano 2000 crea e dirixe o Conservatorio
Folque de Lalín onde imparte aulas de canto.
XOSÉ LOIS ROMERO GAGIGAL
(Técnicas de percusión tradicional.) - Membro do Grupo
de Música Tradicional do IGAEM, corpo musical habitual do Ballet
Galego Rei de Viana.
Forma dúo con Xesús Vaamonde.
Tamén é membro de Lelia Doura e, ven exercendo como
percusionista de Luvas Verdes. Forma parte do espectáculo ‘Projecto
Ninguém’, na montaxe ‘Ball-cans’. Ten acadado
diversos premios e recoñecementos, algúns deles en varias
ocasións. Ten participado en diversas gravacións, e
feito varias publicacións. Algunhas obras súas forman
parte do repertorio de coñecidos artistas
SERGIO COBOS (Técnicas
de baile tradicional) - Profesor de baile tradicional impartindo clases
en diferentes grupos.
Tamén fai unha ampla labor de recollida
de música e bailes tradicionais. Foi membro de Violia e Rumbadeira
e estivo trece anos no grupo Cántigas e Agarimos. Impartiu
cursos en Pamplona, Barcelona e Nova York e ten participado en diferentes
festivais e obradoiros de baile internacionais en Francia e Portugal.
GERMÁN DÍAZ
(Técnicas de zanfona) - Forma parte dos proxectos: BALDO MARTÍNEZ
CUARTETO ACÚSTICO, SINFONIA QUARTET, NUKE TRIO, RAO TRIO, LUKUM
TRÍO, Dúo Anxo Lorenzo-Germán Díaz, DÚO
DE FUEGO (Pascal Lefeuvre y Germán Díaz), Dúo
Gorka Hermosa-Germán Díaz, Dúo Wafir Sheik-Germán
Díaz, LA PARRUS DIXIE BAND, e dirixe o seu propio espectáculo,
“EL SÚETER DE CLAUDIA”. Foi membro da VIELLISTIC
ORCHESTRA en Francia.
Traballou con cantantes coma MARIA SALGADO
e UXÍA. Tamén pertenceu ó grupo galego LAIO.
Ten actuado por toda España, Francia, Arxelia, Irlanda, Alemania,
Portugal, Bélxica, Países Baixos, Noruega, etc.
Foi compositor en diferentes obras teatrais, ten desenrolado unha
ampla actividade docente e editou diversas publicacións. Tamén
colaborou en case un centenar de grabacións discográficas.
Galardoado co premio “Racimo de Oro” da música.
Ten a súa propia discográfica.
No ano 2006
PEDRO DAVID LAMAS VARELA (Técnicas
de Gaita) - Membro fundador do grupo "Lelia Doura", forma
parte do cuarteto "Luvas Verdes" e da compañía
"Nova Galega de Danza", coa que está a presentar
a súa última producción, "Engado".
XESÚS VIDAL (Técnicas
de Baile) - Director artísticos do grupo "Gandaina".
Recibiu varios premios como bailarín en diversos certamens.
Na actualidade é membro de "Pepe Bahamonde Grupo".
ALBERTO COSTA (Técnicas
de Percusión) - Fundador do cuarteto "Millaradas".
Formou parte de "Xendra", "O Fiadeiro", "Rumbadeira",
"Violia", "Foula" ou "Doela" óque
segue pertencendo neste momento.
XURXO FERNÁNDEZ (Técnicas
de Canto e Pandeireta) - Pandeireteiro do grupo "Xacarandaina".
Psgraduado en Música Tradicional Galega pola USC, leva dez
anos realizando gravacións de campo nas que recompila melodías
populares.
LUIS CORREA (CARUNCHO) (O
Canto e a Zanfona) - Membro fundador do rupo "Os Carunchos".
Mestre de gaita e percusión. A personalidade do gaiteiro, a
improvisación, os cantos de cego, a regueifa, a festa, ...
No ano 2007

Nesta XXV edición apostouse
por resaltar o papel da muller na música tradicional. Así
contamos con mestras cun contrastado curriculum. A coordinación
do curso e todo o profesorado foi fiminino:
Mª LUISA SARMIENTO (Técnicas
de Gaita) - Mestra de gaita e integrante do grupo Froitos do Deza
e do dúo de gaitas e tamboril Canivela.
FELISA SEGADE OTERO (Técnicas
de canto e pandeireta) que non puido asistir por motivos de saude
e foi sustituida por MOTSE GARCÍA SANTAMARINA.
LOLA FERNÁNDEZ PARADA
(Técnicas de percusión tradicional) - Mestra de percusión
tradicional nas escolas de Ribeira, Porto do Son e A Coruña.
Diplomada en Ed. Musical e colaboradora de grupos coma Ancoradoiro,
Fiandola, Orfeón Terra a Nosa.
MERCEDES PRIETO MARTÍNEZ (Técnicas
de baile tradicional) - Licenciada en danza pola Facultade de Motricidade
Humana en Lisboa. Pertence a Asocicación Pé de Xumbo
e exerce a docencia no Centro Galego de Lisboa.
Mª XOSÉ LÓPEZ VILAR
(Técnicas de zanfona e canto) - Integrante de grupos coma Maxicas,
Anamoura, Na Virada e Xistra. Foi membro da xunta directiva da AGG
e participou en proxectos de concertos didácticos.
A coordinación do curso foi levada a
cabo por MÓNICA FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ
No ano 2008

PABLO SEOANE (Técnicas
de Gaita, toque pechado) - Gañador de importantes premios,
con 2 traballosdiscográficos e diversas colaboracións.
Artesán de percusión tradicionalno obradoiro de “Sanín”
e mestre en varias asociacións da zona de Muros.
FELISA SEGADE OTERO (Técnicas
de Canto e Pandeireta) - Comezou a súa formación no
1977 nos grupos Don Bosco e Cantigas e agarimos de Santiago de Compostela.
Compoñente e fundadora do grupo Leilia, desenrola a docencia
en varios grupos, entre eles “Brincadeira”.
MIGUEL ANXO LÓPEZ BUJÁN
“CHINO” (Técnicas de percusión
tradicional) - Mestre de percusión tradicional en Monterroso
e Melide. Membro do cuarteto “Saimeira” e do Grupo medieval
“Acibreira”. Foi o primeiro alumno en rematar os cursos
no conservatorio de música tradicional e folque de Lalín.
MIGUEL SOUTO OCAMPO (Técnicas
de baile tradicional) - Membro fundador dos grupos “Trebón”
e de “Os Carunchos”. Forma parte de grupos como “O
Fiadeiro” e “Violia” entre outros. Gañador
de varios premios en concursos de baile tradicional.
GERMÁN DÍAZ (Técnicas de zanfona)
- Parte de varios proxectos internacionais. Ten o seu propio espectáculo.
Pertenceu a Viellistic Orchesta en Francia. Pertenceu a “Laio”.
Ten actuado por toda España, Europa e Arxelia.
A coordinación do curso foi levada a
cabo por MÓNICA FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ
Inscricións e Información
Práctica
Nas últimas edicións, a duración
do curso foi de tres días, aínda que en anteriores ocasións
ten cuberto a Semana Santa completa. O horario ocupa todo o día,
dende as 9:30 da mañá ata as 20:00 do serán.
No
referente ás incricións pódense facer dende o
momento da convocatoria do curso que, ainda que non ten unha data
fixa, vense facendo un mes e medio antes da apertura do mesmo. A asociación,
nese momento, fai comunicados á prensa, ós socios e
a outros colectivos, así como ós anteriores participantes
e a entidades relacionadas co mundo da Cultura Galega, tales como
Casas Galegas de todo o Estado e do extranxeiro.
Os datos requiridos nas inscricións
son os seguintes:
Nome e apelidos, DNI, teléfonos, enderezo, enderezo electrónico
(se ten), código postal e localidade. Especialidade na que
solicita inscribirse.
As inscricións pódense enviar
a:
O prazo de inscripcións
remata no momento que se cubren as prazas de cada especialidade.
Información de aloxamentos
de lugo e algúns teléfonos de interese:
Gran Hotel Lugo (H****)
Avda. Ramón Ferreiro, 21
Tel. 982 224152
Hotel Santiago (H****)
Carretera de Santiago, Km, 3,200
Tel. 982 250318
Hotel HUSA Puerta de San Pedro (H***).
C/Río Neira, 29.
Tel. 982 222381
Hotel Méndez Núñez (HR***)
C/ Reina, 1.
Tel. 982 230711
Hotel Jorge I (H**)
Carretera de Vegadeo, km. 74
Tel. 982 223455
Hotel Torre de Núñez (H*)
Carretera N-VI, km, 496
Tel. 982 304040
Hotel Los Olmos (HR*)
Carretera de La Coruña, Km. 505
Tel. 982 200032
Hotel España(HR*)
C/Vilalba, 2.
Tel. 982 231540
Hotel Muralla(HR*)
C/ Miguel de Cervantes, 8
Tel. 982 254000
Hostal Leivas (HSR**)
Plaza de la Libertad, 10-12
Tel. 982 224689
Hostal Buenos Aires (HSR**)
Plaza Comandante Manso, 17
Tel. 982 225468
Hostal Mar de Plata (HSR**)
Ronda de Muralla, 5
Tel. 982 228910
Hostal Rivera (HSR**)
Ronda de Muralla, 21
Tel. 982 221037
San Roque (HSR**)
Plaza Comandante Manso, 11
Tel. 982 222708
Hostal Alba (HS*)
Calvo Sotelo, 1.
Tel. 982 226056
Hostal 511 (HS*)
Ronda de la Muralla, 36.
Tel. 982 227763
Hostal Paramés (HSR*)
C/ del Progreso, 28.
Tel. 982 226251
Hostal Muralla (HSR*)
Ronda de la Muralla, 36
Tel. 982 24 23 28
Pensión Residencia BRIOS
Tel. 982224352, 982241408
Hostal Fisterra.
Av. da Coruña, 223
Tel. 982218639
Hostal Pontevella
Montirón, 78
Tel. 982255089
Hostal Porta Santiago
Rda. Muralla, 176
Tel. 982221401
Hostal Restaurante Darío
Av da Coruña, 298
Tel. 982214751
CAMPING BEIRA RÍO.
Carretera de Lugo a Hombreiro, km. 0,700.
Tel. 982 211551
OFICINA DE TURISMO
Plaza Mayor 27 (galerías)
Tel. 982 23 13 61
ESTACIÓN DE AUTOBUSES
Praza da Constitución.
Tel. 982 223985
ESTACIÓN DE FERROCARRIL
Praza do Conde Fontao, s/n
Tel. 982 222141
CONCELLO
Praza Maior,
Tel. 982 297100
POLICÍA MUNINCIPAL
Plaza de Anxo López Pérez
982 092 / 982 297100
POLICÍA NACIONAL
C/ Chantada, 1-3
982 091 / 982 213424