ASOCIACIÓN CULTURAL "CÁNTIGAS E FRORES"
(Escolas)

09/10/2007

ESCOLAS


As escolas de Cántigas e Frores veñen funcionando regularmente dende hai moitos anos. En concreto, as de baile infantíis comezaron o seu funcionamento regular en setembro de 1972. Dende entón, non ten pasado un curso sen impartirse estas disciplinas. Por outra banda, aínda que sempre tivemos escolas de gaita e percusión, éstas funcionan contínuamente, do mesmo xeito regular que na actualidade, dende outubro de 1995.

Estas escolas acollen a máis de 150 alumnos cada ano, ademais dos 120 que asisten ó “Curso de cultura tradicional Galega” na Semana Santa.

Durante o curso escolar organizamos Festivais en datas próximas ó día do pai e ó da nai, agora chamado Festival de Primavera, coa fin de que as familias e os propios membros da asociación, así como a xente de lugo interesada na cultura tradicional, poda ve-los progresos dos nosos alumnos. Durante a historia de Cántigas, estes Festivais teñense realizado en diferentes locais da cidade, coma o Gran Teatro ou o Auditorio Municipal. Do mesmo xeito, ó remate do curso escolar tratamos de facer unha actuación nunha praza da cidade para as escolas infantíis, de xeito que a xente de lugo e a de fóra podan ve-la calidade do traballo dos máis pequenos.

Os alumnos agrúpanse nas distintas actividades docentes nos grupos infantís, xuvenís e de adultos (iniciación e perfeccionamento) de gaita, percusión tradicional, baile tradicional, violín, zanfona, acrodeón, canto e pandeireta.

O horario das clases pódese ver na páxina de actividades

Os grupos son os seguintes:

Curso
Profesor
Baile Infantil I
Beatriz
Baile Infantil II
Beatriz
Baile Xuvenil
Mónica
Baile Adultos I
Alberto
Baile Adultos II
Xavier
Inic. Gaita
Alberto
Inic. Gaita Adultos
Bruno, Alberto
Gaita Veteranos
Bruno
Inic. Percusión
Talía
Percusión Veteranos
Bruno
Canto e Pandeireta (Iniciación)
Vanesa
Canto e Pandeireta (Perfeccionamiento)
Antón
Violín
José Ángel
Acordeón
Iván