Currículum
da Asociación
A asociación cultural “Cantigas
e Frores” foi creada no ano 1948 como unión das agrupacións
“Frores e Silveiras” e “Cantigas e Aturuxos”.
Ambas agrupacións procedían da excisión do “Orfeón
Galego” que dirixía o mestre Xoán Montes.
Dende
esta época a Asociación Cultural “Cantigas e Frores”
estivo e está vencellada á dinamización da vida
cultural lucense.
É membro fundador da Federación
Galega de Grupos de Danzas e máis da Federación Española
de Agrupacións de Folclore.
Organiza tódolos anos
cursos sobre cultura tradicional e outras manifestacións culturais
vencelladas con ela.
A Asociación Cultural
“Cantigas e Frores” participou de xeito continuo en actuacións
e festivais coa súa coral, grupo de danzas e grupo de gaitas.
Estas actuacións tiveron lugar por toda a Península Ibérica
(Andalucía, Aragón, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela
León, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana,
Galicia, A Rioxa, Madrid, Murcia, País Vasco, Portugal e Principado
de Asturias) e fora de esta (China, Arxentina, Bélxica, Brasil,
Cuba e Francia).
Na actualidade conta con perto
de 300 socios e as súas escolas acollen a máis de 180
alumnos cada ano, ademais dos 120 que asisten ó “Curso
de cultura tradicional Galega” na Semana Santa.
As súas actividades actuais
inclúen:
-
Actuacións
dos grupos de gaitas,
banda de gaitas, cantareiras e grupo de baile.
-
Actividades
docentes cos grupos infantís e xuvenís (iniciación
en varios niveis, e perfeccionamento) de gaita, percusión
tradicional, baile tradicional, violín, acordeón,
zanfona, canto e pandeireta.
-
-
Outros obxectivos da asociación
son:
-
Estudio,
fomento e divulgación da cultura tradicional galega.
-
Creación
de un arquivo fonográfico, videográfico e bibliográfico
sobre a actividade da asociación, co material recollido durante
os 60 anos da súa existencia.
-
Edición
de publicacións.
-
Asesoramento
a entidades públicas e privadas de ámbito local no
relativo á música e ó baile tradicionais.
-
Organización
de cursos específicos e seminarios.
-
Encontros
de música e baile tradicional.
-
Exposicións
de artesanía e fotografía.
-
Viaxes
e visitas formativas e de lecer.