Comeza o novo curso (2009/2010) o vindeiro día 21 de setembro, comunicámosvos que o prazo de inscrición para as escolas permanecerá aberto dende o 14 ó 17 de setembro en horario de 20:00 a 21:00 no local de Cantigas e Frores (parque da Milagrosa s/n ) ou a través do nº de tlf 982 26 52 11.
Escolas:
-Baile tradicional (infantil, xuvenil e adultos)
-Percusión tradicional
-Gaita
-Canto e pandeireta
-Acordeón
-Violín
CORO GALEGO
Neste intre estase a formar un Coro Galego dentro da Asociación. os socios que desexen formar parte del, poderán informarse no local social de Cántigas e Frores os mesmos días e horas que para as inscricións do novo curso.