|
|
OUTRAS ACTIVIDADES
Ademáis das actividades xa comentadas
das escolas, actuacións e festivais, Cántigas desenrola
habitualmente, ainda que dun xeito ocasional, outras tarefas encamiñadas
a:


-
Estudar, fomentar e divulgar
a cultura tradicional galega.
-
Crear un arquivo fonográfico,
videográfico e bibliográfico sobre a actividade da
asociación, co material recollido durante os 56 anos da súa
existencia.
-
Editar de publicacións.
-
Asesorar a entidades públicas
e privadas de ámbito local no relativo á música
e ó baile tradicionais (p. ex. pertencendo ó Consello
de Cultura do Concello de Lugo).
-
Organizar cursos específicos
e seminarios.
-
Realizar encontros de
música e baile tradicional.
-
Facer exposicións
de artesanía e fotografía.
-
Realizar viaxes e visitas
formativas e de lecer.
Destacamos
tamén as actividades de lecer que realizamos tódolos anos,
como son os magostos, as homenaxes, e as ceas de celebracións.
Aquí, coma en tódolo norte (da península, de Europa,
de...) celebramos tódolo celebrable comendo dabondo e bebendo
algo menos. E facémo-lo cunha chea de productos maioritariamente
propios (castañas, chourizos, grelos, tódalas partes do
porco, viño, augardente, ...). Este tipo de actividades están
abertas a tódolos socios de Cántigas dun xeito gratuíto.
Pensamos que o xantar tamén é unha forma da Cultura Tradicional.
|