LO QUE DICEN DE NOSOTROS
LA
CONCEJALA DE CULTURA Y TURISMO DEL EXCMO. AYUNTAMIENTO DE LUGO EN
EL SAN FROILÁN 2005
Hai algunhas entidades que, a pesar de seren
legalmente asociacións de carácter privado, teñen
tamén unha dimensión institucional evidente. Polo seu
longo arraigo, pola súa continua actividade, CÁNTIGAS
E FRORES é unha desas institucións que forma parte do
patrimonio cultural e social dunha cidade. Son cerca de sesenta anos
de historia os que ten detrás como asociación, pero
en realidade as súas raíces son máis antigas,
pois a través doutras agrupacións previas CÁNTIGAS
E FLORES prézase de remontar a súa xenealoxía
ó glorioso Orfeón Galego creado e dirixido polo noso
gran músico Xoán Montes.
A música e a danza populares afunden
as súas raíces nas néboas da historia. Os pobos
crean e modifican constantemente as súas formas artísticas,
e constitúen grandes sistemas que se afirman e evolucionan
dunha maneira case misteriosa. Naturalmente, sempre existiu unha interrelación
entre a música popular e a chamada "culta", pero
tamén é verdade que durante séculos pareceu haber
un fondo divorcio entre eses dous mundos, debido a un certo desprezo
que os músicos profesionais chegaron a profesar ás creacións
populares.
O Romanticismo significou un descubrimento
e unha nova valoración do popular por parte da intelectualidade,
e nomeadamente por parte dos músicos, e en consecuencia polos
coreógrafos. De pronto, a música e as danzas populares
foron consideradas non como formas artísticas degradadas, senón
como formas depuradas pola sabedoría popular a través
das xeracións. De pronto, os compositores "cultos"
empezaron a estudar e a usar o acervo musical tradicional para as
súas composicións. A chamada música nacionalista
tivo en Galicia representantes tan ilustres coma Xoán Montes
ou Pascual Veiga, que escribiron novas músicas a partir das
formas populares, crearon orfeóns e corais, e conformaron un
movemento musical en paralelo co rexurdimento da lingua e da literatura
encabezado por Rosalía, Curros e Pondal, que eran os seus amigos
e compañeiros.
Desta liña descende CÁNTIGAS
E FRORES, que hoxe, en pleno século XXI, segue traballando
cunha música e unhas danzas con raíces que se afunden
na noite dos tempos, pero que continúan vivas grazas a agrupacións
coma esta, xeradas por un pobo que non quere esquecer as súas
tradicións e o seu patrimonio cultural.
CONCEPCIÓN BURGO LÓPEZ
Concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo
SALUDO DEL EX-PRESIDENTE DE
LA XUNTA DE GALICIA EN EL CINCUENTENARIO DE CÁNTIGAS E FRORES
Unha cultura milenaria
A cultura non é un simple elemento externo
de calquera grupo social, é a forma substancial da propia sociedade,
a expresión máis cabal das súas prioridades e
dos seus valores. A cultura é a mostra de como concibe un pobo
o ben e a beleza, é, en suma, o mellor reflexo de todo un pobo.
Polo tanto, a cultura galega terá que
ser sempre o alicerce de toda a nosa acción colectiva. O poder
máis importante é o da cultura; porque cultura é
xustamente a resposta que o home dá á natureza, a actividade
creadora do home para atender ás súas necesidades de
autorrealización. En resume, todo aquelo que o home vai creando
para os seus propios fins, é o que chamamos cultura.
Hoxe, cando estamos asistindo nesta final de
milenio, a un novo e brillante rexurdir da cultura propia de Galicia,
debemos de transmitirlle ás xeracións máis novas
todo o misterio íntimo da beleza e da milenaria tradición
cultural galega.
A noca cultura, tal e como chegou ata nós,
ten o seu baseamento nos nosos rascos de identidade propios, que van
desde a lingua galega, ata outros moitos elementos fundamentais da
nosa personalidade colectiva, incluído o noso rico folclore
que afunde as súas raíces na expresión máis
enxebre e popular, na alma do pobo galego.
A cultura galega constitúe hoxe un conxunto
unido e a súa defensa e promoción é a mellor
maneira da autoidentificación dun pobo que quere vivir conforme
ás esixencias do noso tempo pero que non renuncia a ningunha
das súas expresións culturais acumuladas durante dous
mil anos.
Por iso, quero brindarlle o meu saúdo
á Asociación Cultural "Cántigas e Frores"
de Lugo, que cumpre medio século de existencia e que ten demostrado,
ó longo dunha dilatada traxectoria, un labor de defensa e de
recuperación da nosa danza e música tradicionais. Vaia
pois, o meu agradecemento para todos aqueles que desde "Cántigas
e Frores" teñen demostrado con orgullo que o noso folclore
é algo vivo e consubstancial ó noso pobo, polo que entrará
con máis forza que nunca no novo século que se aveciña.
MANUEL FRAGA IRIBARNE
Presidente da Xunta de Galicia
(Presidente de honra de "Cántigas
e Frores")
EL EX-PRESIDENTE DE LA DIPUTACIÓN
PROVINCIAL DE LUGO EN EL CINCUENTENARIO DE CÁNTIGAS E FRORES
A lo largo de la historia todo pueblo, estirpe
o civilización ha sido singular o distintiva al identificarse
con una serie de valores y rasgos característicos tales como
sus costumbres, sus tradiciones y especialmente sus manifestaciones
culturales y folklóricas.
Por poco que escudriñemos en el más
inmediato o lejano pasado de la historia de la provincia de Lugo nos
encontraremos con innumerables retazos de nuestra cultura inmaterial,
abundante refranero, variedad de dichos populares, sugerentes pasajes
legendarios, etc.
Pero, si cabe, en cualquier rincón de
nuestra geografía nos toparemos con la más variada gama
de evocadoras danzas y bailes, de melodiosas "Cantigas"
y ritmos entrañables.
La Diputación Provincial de Lugo, conocedora
de nuestra riqueza etnográfica y folklórica, a través
de diferentes actuaciones y programas de ámbito cultural, ha
venido ya no sólo apoyando el estudio y puesta en práctica
de este eminente valor identificador, sino estimulando la proliferación
de grupos y asociaciones que tienen como fin preservar esta faceta
de nuestro acervo popular.
Precisamente una de las sociedades señeras
en la exaltación y difusión de nuestro folklore ha sido
la agrupación "Cántigas e Frores", la cual
en tantas ocasiones nos ha venido demostrando su gran labor en la
proyección folklórica de nuestra provincia, tanto dentro
como fuera del país. Su mayor prestigio, alcanzado por méritos
propios y a lo largo de toda una trayectoria con innumerables premios
y distinciones, llega a su cénit con ocasión de la conmemoración
de su 50 aniversario que ahora celebramos, y que fervientemente deseo
sirva únicamente de prolegómeno para alcanzar nuevos
éxitos en décadas venideras.
Si los pueblos se inmortalizan por el arraigo
de sus esencias culturales, y éstas en buena medida se deben
a la actividad que generan asociaciones como "Cántigas
e Frores", desde la Diputación Provincial de Lugo, Institución
que me honro en presidir, quisiera transmitir nuestra más coridla
enhorabuena tanto a directivos como a integrantes, actuales o anteriores
de "Cántigas e Frores", al haber alcanzado con éxito
el medio siglo de existencia y después de haberse consolidado
como auténtico baluarte de cara a las actuales y futuras generaciones,
de uno de los valores que más definen la historia de nuestras
gentes mediante la transmisión de los más puros sentimientos
a través de la danza y el folklore en sus múltiples,
rítmicas, "enxebres" y siempre emotivas y cautivadoras
versiones.
FRANCISCO CACHARRO PARDO
Presidente de la Excma. Diputación Provincial de Lugo
(Presidente de Honra de "Cántigas
e Frores")
EL
EX-ALCALDE DE LUGO, JOAQUÍN MARÍA GARCÍA DÍEZ
EN EL CINCUENTENARIO DE CÁNTIGAS E FRORES
"Cántigas e Frores",
toda unha institución.
Falar en Lugo da agrupación "Cántigas
e Frores" é falar de toda unha institución. Calquera
referencia ó folclore local dos derradeiros anos ten que pasar
obrigatoriamente pola mención desta agrupación tan nosa
e que sempre, por méritos propios e polo agarimo que ten ós
lucenses, está presente nas celebracións da cidade.
Ó longo dos anos, "Cántigas
e Frores" foi investigando as raíces galegas e luguesas
e foi recuperando pezas folclóricas que nos fan sentirnos orgullosos
da nosa música e da nosa danza.
A agrupación ten detrás o traballo
calado de moitas persoas durante moitos anos e, como alcalde de Lugo,
quero aproveita-la ocasión para facerlles chegar, en nome de
tódolos lucenses, o noso recoñecemento e gratitude polo
seu labor.
"Cántigas e Frores" conta
cun ben moi prezado. Non hai lugués o que se lle pregunte por
unha agrupación folclórica de Lugo que sen ter que pensalo
dúas veces non diga "Cántigas e Frores". Sode-la
nosa referencia cultural e, por iso, penso que tedes moitos motivos
para festexar por todo o alto o voso 50 aniversario. Dende logo, todos
nós temos tamén moitos motivos para estarmos agradecidos.
Gracias pola vosa dedicación, polo voso
entusiasmo e polo voso saber facer,
JOAQUÍN MARÍA GARCÍA
DÍEZ
ALCALDE DE LUGO
(Socio de honra de "Cántigas
e Frores")
D. ANTONIO AMEIJIDE GONZÁLEZ
EN EL CINCUENTENARIO DE CÁNTIGAS E FRORES
Aprovecho complacido la oportunidad que me
brinda el presidente de "Cántigas e Frores", con
motivo de la celebración de los 50 años de vida de esta
agrupación, para manifestar mi admiración por la labor
que la misma ha venido realizando desde su constitución en
1948.
Mi agradecimiento como lucense ya que, con
sus actuaciones y éxitos en una gran parte de nuestra nación
y de la hermana Portugal, han llevado el nombre de Lugo con todo orgullo,
haciendo vibrar con sus voces, en sonido de las gaitas y la galanura
de sus danzas, no sólo a los gallegos en la distancia sino
a los naturales de aquellas tierras que visitaban.
Un recuerdo emocionado para aquellos hombres
y mujeres que, procedentes de las masas corales "Cántigas
e Aturuxos" y "Frores e Silveiras", con su fusión
en un solo coro y tomando la primera palabra de cada uno de sus coros
constituyeron las raíces de la actual "Cántigas
e Frores", poniendo todo su corazón en la interpretación
de las mejores canciones del folklore gallego. Y para los que más
tarde vinieron a completar el espíritu de aquella agrupación
dando todo lo que tenían para demostrar, con la filigrana de
sus bailes, la belleza de aquellas muiñeiras de Chantada o
de Lugo, la carballesa de O Incio, etc.
En la memoria se entremezclan los recueros
imborrables de muchas horas acompañando a ésta agrupación,
por razones de mi trabajo primero y posteriormente por haber sido
designado delegado de la misma. Momentos agradables cuando sus actuaciones
se veían recompensadas por los aplausos de aquellas gentes
que, en distintos lugares de España y Portugal, premiaban el
buen hacer y la entrega de sus componentes. Momentos difíciles
en los que había que poner en juego todas las influencias y
recomendaciones en conseguir los permisos necesarios para que todos
ellos pudieran desplazarse, faltando a su trabajo cotidiano durante
los días necesarios para poder atender a las numerosas invitaciones
que se recibían para actuar. Largas horas de tedio en los desplazamientos
en autocares lentos que hacían interminables los trayectos
que había que recorrer para llegar al destino. Aquellos autobuses
de Burozos, La Directa, Raúl de Sarria, etc. que eran casi
los únicos de los que se podía disponer en la década
de los años cincuenta, cuando se tardaban casi doce horas en
el desplazamiento a Madrid...Pero en todos los casos predominaba siempre
la alegría de saber que, al cabo de las horas más o
menos largas, la actuación programada se iba a realizar y el
éxito era indudable, y por consiguiente el esfuerzo iba a verse
compensado.
A aquellos componentes de "Cántigas
e Frores" que ya nos han dejado, quiero enviarles mi recuerdo
con una fervorosa oración, y a los que todavía están
con nosotros, un abrazo entrañable y cariñoso. Muchas
gracias a todos.
Y para el actual presidente, Julio Méndez
Menéndez de Llano, mi cordial y afectuosa enhorabuena por la
labor que, bajo su presidencia, está realizando "Cántigas
e Frores" en los momentos actuales y desearle los mayores éxitos
en los años sucesivos, en los que no dudo continuará
para hacer que esta asociación continúe desarrollando
la magnífica labor que, hasta la fecha, ha venido realizando.
ANTONIO AMEIJIDE GONZÁLEZ
(Presidente de honra de "Cántigas
e Frores")
D. JUAN JOSÉ LINARES
MARTIÁÑEZ EN EL CINCUENTENARIO DE CÁNTIGAS E
FRORES
Mi primer contacto con la asociación cultural "Cántigas
e Frores" si mi memoria no me engaña, tuvo lugar por los
años cincuenta, concretamente en 1954, con motivo de las fiesta
patronales de San Froilán. Yo formaba parte del grupo de danzas
y canciones de E. y D. de A Coruña, como maestro de baile y
bailarín del mismo.
Ya entonces me llamó la atención
el bien hacer de su coro y la maestría del grupo de baile.
En esa época hice buenas amistades; recuerdo a Inés
Fernández y a su hermano Pepe, al cual me encontré más
tarde como concejal del Ayuntamiento de Lugo.
Si en aquel momento me dicen que llegaría
a tener una relación tan intensa y que llegaría a querer
a "Cántigas e Frores" tanto como hoy lo siento, no
me lo hubiera creído. Este cariño nació producido
por la admiración que siento desde mi reencuentro por el año
73 o 74. Hace casi 25 años, en que coincidimos con motivo de
la preparación de unos festivales que se celebraban en el estadio
Santiago Bernabeu. Me parece estar viviendo aquellos momentos en que
Julio Méndez me invitó a Lugo con el fin de poder montar
algún baile para el grupo y recibir algunas clases. Recuerdo
que fuen la primera Semana Santa que pasé en esa bonita ciudad.
Lo cierto es que desde ese momento no falté ningún año
a la cita, lo cual me dió motivos para conocer a "Cántigas
e Frores" en profundidad y seguir su trayectoria el pro de la
tradición gallega, tanto en el aspecto de la danza como en
otros (música, costumbres, canciones, etc.).
"Cántigas e Frores" fue la
primera asociación en crear un curso de danzas, curso que se
continúa realizando y que este año cumple su 16ª
edición. Fue también la promotora, como socio fundador
de la Federación Española de Agrupaciones de Folklore
y de la Federación Gallega de Grupos de Danza; trabajó
intensamente en el primer Congreso de Folclore de las Comunidades
y Nacionalidades Históricas celebrado en Santiago de compostela
en el año 1985; llevó el nombre de Lugo y de Galicia
a muchos lugares, dando a conocer la belleza de nuestras danzas y
músicas tradicionales...
¿Qué más puedo decir yo
que toda mi vida he luchado por que se mantengan las tradiciones,
no solo gallega sinó de toda España?.
Desde esta oportunidad que se me brinda, quiero
agradecer y felicitar a "CÁNTIGAS E FRORES", así,
con mayúsculas, por su labor, su andadura y su lucha permanente
por dar a conocer la belleza, riqueza y valor de nuestras tradiciones.
JUAN JOSÉ LINARES MARTIÁÑEZ
Coreóreógrafo e Membro Fundador da FEAF
(Socio de honra de "Cántigas
e Frores")
EL EX-PRESIDENTE DE CÁNTIGAS,
JULIO MÉNDEZ MENÉNDEZ DE LLANO EN EL CINCUENTENARIO
DE CÁNTIGAS E FRORES
Nesta celebración dos cincuenta anos
de "Cántigas e Frores", na que teño a honra
de presidir esta asociación, podería facer un longo
resumo das eventualidades polas que, en distintos momentos, houbo
que tomar vieiros que moitas veces non eran os que desexaban os seus
membros; pero non é o que procede.
O certo é que nos cincuenta anos a asociación
consolidouse na cidade de Lugo e ven mantendo unha traxectoria uniforme,
respectando sempre os seus antecedentes, sen pechar as súas
portas ás novas tendencias culturais e mesmo á recreación
e actualización das tradicións.
Como consecuencia do camiño andado,
están consolidadas as escolas que temos funcionando desde outubro
a xuño, cada ano.
Tamén en 1998 celebramos a 16ª
edición do curso de folclore galego. Foron moitas persoas as
que participaron neste cursos, ós que teñen asistido
xentes de toda España, Europa, América e incluso de
Oceanía.
Todo esto son realidades da historia recente
desta asociación. Desde o meu criterio, o mellor de "Cántigas
e Frores" teño que destacalo en tres apartados:
1. Os milleiros de nenos e nenas que se iniciaron no baile e na música
de Galicia ó través das nosas escolas.
2. O centos de descendentes de galegos que desde outras Comunidades
do Estado ou desde países lonxanos que, ó través
das nosas actividades, tiveron a oportunidade de vivir de cerca a
cultura dos seus pais ou avós.
3. Os fondos e emotivos momentos nos que puidemos levar a nosa cultura
a homes e mulleres galegos que están lonxe da súa terra
desde hai moitos anos.
Aínda que hai moitas outras razóns
de satisfacción, so por estas tres xa compensa o emprego do
tempo e do esforzo.
Réstame expresa-lo desexo de que "Cántigas
e Frores" poida seguir polo mesmo vieiro sen atrancos e que desde
xa os rapaces e rapazas asuman a responsabilidade de poñerse
ó fronte da asociación e enchela de novas ideas e nova
enerxía.
JULIO MÉNDEZ MENÉNDEZ
DE LLANO
Ex-Presidente de Cántigas e Frores
Presidente de Honra da Asociación